29 abr 2013

Día do Libro (23 de abril)

Con motivo da celebración do día do libro, ó longo da semana os nenos e nenas do colexio fixeron varias actividades en torno a este tema. 
A nivel de centro, fíxose un intercambio de libros co cal cada neno e nena troixo un libro da súa casa e levouse outro de agasallo. 

Tina, a nosa mascota da biblioteca, estaba moi contenta xa que o seu recanto encheuse de libros e ademais non deixou de recibir visitas na biblioteca posto que os nenos e nenas acudiron a ela para a realización de distintas actividades. 








  • Por exemplo, unha delas foi que cada alumno de primaria escolleu un libro e fixo o correspondente debuxo e título da portada. 
  • Tamén viron un vídeo relacionado con esta celebración: "La estrella Alcanzar" (unha historia de amizade e lecturas de Cristian Galaz e Andrea Ugalde).
  • Outra actividade foi a realización, por parte dos máis pequenos e pequenas do colexio, dun libro que eles mesmos inventaron, escribiron e ilustraron. Parabéns a todos e a todas!!

2 comentarios:

  1. Que interesantes todas as actividades e que importante este labor de fomento da lectura que facedes desde o cole!!!

    Parabéns por todas estas iniciativas e moitas grazas pola parte que me toca ;)

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós, as familias, por colaborar tamén desde as casas.

    ResponderEliminar