31 oct 2012

Samaín/Halloween

Como sabedes hoxe, 31 de outubro, celébrase o día do Samaín /Halloween. Neste centro levamos xa uns días decorando, facendo tarxetas e outras actividades relacionadas con esta festividade.





Pero o día máis importante, sen dúbida, foi hoxe. O centro encheuse de cabazas, decoradas e pintadas da forma máis orixinal, para participar no concurso que se vén facendo dende hai uns anos. Ademais nenos e nenas de todos os cursos viñeron vestidos para ocasión de pantasmas, bruxas, demos e outros personaxes relacionados co Samaín. Para celebrar a festa, despois do recreo, reunímonos todos os alumnos e alumnas do centro, xunto cos mestres e mestras. Comezamos pola lectura dun conto que trataba sobre o "halloween" e que leron algúns nenos e nenas de 2º e 3º. Logo vimos unha película na aula de informática e rematamos repartindo os premios para os nove gañadores. Aquí tedes un vídeo con fotos de toda a xornada...


3 comentarios:

  1. Que chulada, este cole está cheo de artistas, a seguir así!!!!

    ResponderEliminar
  2. Como presta que o compartades con nós. E canto lles gusta aos nenos e nenas podérnolo amosar na casa a través desta ventaniña que abrides desde o cole.

    Por certo, tamén dá gusto e esperanza ver esa aula de Infantil tan chea de nenas e nenos.

    Moitas grazas!!!

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que si que son uns artistas, non cabe dúbida!

    Tamén nos presta a nós que o vexades e que os nenos e nenas volo amosen con tanto orgullo:)

    É certo, este ano o tren de Infantil vai cargado de dezasete pasaxeir@s. Que bo!

    Saúdos a todas e a todos os que nos vedes!

    ResponderEliminar