28 jun 2011

Festival Fin de Curso (21-06-11)

O pasado martes, 21 de xuño, o CEIP de Muimenta celebrou na Casa da Cultura de Muimenta o Festival de Fin de Curso. O espectáculo comezou ás 11 da mañá e durante dúas horas, aproximadamente, os alumnos e alumnas deleitáronnos con actuacións de diversa índole: cancións, bailes, obras teatrais e mesmo chistes. Non faltamos a esta cita mestres, familiares e amigos que desfrutamos e mesmo nos emocionamos con dito festival presentado polas alumnas de 6º de primaria.
Sen máis, déixolles cuns vídeos do festival que resumen as actuacións dos nenos e nenas do cole:

Educación Infantil

Obras teatrais

Cancións Educación Primaria

Bailes e popurrí

9 comentarios:

  1. Qué recuerdos!! e que bonita despedida de curso polo que podemos ver...

    ResponderEliminar
  2. NON A RETIRADA DA FOTO DA CREADORA DO BLOG!!
    ;)

    ResponderEliminar
  3. (Irene) Si Andrea, moi bonita a despedida, como para non sela despois do bo que foi o curso... Apoveito para darche as grazas polas túas visitas ó blog e polos comentarios ;)

    ResponderEliminar
  4. (Irene) Jacobo!!!!Non te vaias pensar que non me dá pena tamén despedirme deste blog, cantos recordos aquí se quedan no "ciberespazo"!Graciñas compi!

    ResponderEliminar
  5. Enhorabuena por el extraordinario trabajo que has realizado durante todo el curso y que ha tenido como colofón este festival de despedida. Finalmente desearte - en caso de que no te quedes en Muimenta - que tengas mucha suerte y logres un destino en el que puedas seguir desarrollando todas tus cualidades e inquietudes con los peques.
    Un bico.

    ResponderEliminar
  6. Graciñas Óscar, ti tamén tes parte neste blog, non se me esquece que me axudaches a crealo e logo tamén a covertir os vídeos de nadal, e iso sen contar as visitas e os comentarios. En fin, grazas por todo!Outro bico para ti!

    ResponderEliminar
  7. Irene!!!!
    Moitas grazas por ofrecernos tamén o festival de fin de curso por aquí. A verdade é que presta un montón revivilo, graciñas por facelo posible ;)
    Tamén por aquí desexarche moitísima sorte na adxudicación de destinos, encantaríanos que puideses seguir en Muimenta pero se non é posible intentaremos alegrarnos por todos aqueles nenos e nenas ós que lles toque a sorte de terte de profe.
    Un biquiño e ata sempre.

    PD Únome á campaña de Jacobo para que non se retire a foto da creadora do blog ;)

    ResponderEliminar
  8. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  9. Grazas a ti, Sabela, por estar sempre aí "ó pé do cañón", dando ánimos para seguir traballando ca mesma ilusión do primeiro día, apoiando e agradecendo en cada comentario e aconsellando co fin de mellorar... en fin, por todo! Grazas!
    Graciñas tamén pola sorte que me desexas en canto ós destinos, a min tamén me gustaría repetir centro (para que o vou negar) pero isto é así...
    Un bico e boas vacacións!
    P.D: O blog fixémolo tod@s!

    ResponderEliminar