O pasado 21 de novembro, o alumnado e profesorado do CEIP de Muimenta visitaron o Museo Pedagóxico da Escola Vella de Muimenta. A entrada ó museo dividiuse en dúas partes e foi guiada por Manuel Vila (presidente de Xotramu).
Os primeiros en entrar foron os nenos e nenas de Educación Infantil que ademais de ver todo o que se atopaba no museo puideron observar algúns libros antigos e facer debuxos nas pizarras comos nos tempos en que se estudaba naquela escola.
O segundo grupo foi o dos nenos e nenas de Educación Primaria que tamén puideron ver o museo e debuxar nas pizarras. Ademais fixeron uso das plumas e dos tinteiros. Manuel Vila respondeu ás preguntas dos rapaces e rapazas facéndoos viaxar no tempo a aqueles anos nos que a escola vella de Muimenta se enchía con case cen nenos e nenas.
Unha vez rematada a visita todo o alumnado puido desfrutar de xogos, tamén daquela época, acompañados por membros de Xotramu (Xogos Tradicionais de Muimenta).
Grazas, dende aquí, a Manuel Vila e demais membros de Xotramu que fixeron posible esta viaxe no tempo. E parabéns a todos e a todas os que colaboraron na rehabilitación da escola e na apertura do museo.